Aviso:
Los resultados se limitan exclusivamente a documentos publicados en revistas incluidas en el Catálogo 2.0 de Latindex.
Para más información sobre el Descubridor de Artículos escribir al correo: descubridorlatindex@gmail.com.
Leer más
Búsqueda por:
546,196 artículos
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Cabaleiro Besada, Andrea; Araújo Vila, Noelia; Fraiz Brea, José Antonio
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
O turismo rural é un modelo turístico, afastado da masificación, que se desenvolve no ámbito rural. O obxectivo desta investigación céntrase en determinar cal é o grao de desenvolvemento do turismo rural en Galicia, así como matizar cal é a oferta complementaria a este tipo de turismo máis solicitada, buscando sinerxías con outras empresas dos medios rurais. Para iso establécese un marco teórico sobre o que traballar e, posteriormente, a realización de entrevistas en profundidade a expertos do sector e a propietarios ou xestores de casas rurais nesta Comunidade Autónoma. Entre as principais conclusións podemos sinalar que practicamente calquera tipo de actividade complementaria é compatible con este tipo de turismo coa condición de que conste de axudas e accións adecuadas.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Pérez-Lijó, Enrique
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
O presente texto procura fundamentar a idea da existencia dun privilexio ambiental do que gozan determinados territorios fronte a outros. Trátase dun privilexio que podemos definir coma o desprazamento das consecuencias ambientais asociadas a unha actividade económica. Co obxectivo de exemplificar esta idea, elabórase un estudo de caso sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia e en Madrid.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Sande Veiga, Diego; Vence Deza, Xavier
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
Avalíase o impacto en Galicia da implementación do Programa Operativo para e polo beneficio da I+D+i empresarial-Fondo Tecnolóxico 2007-2013, que constituíu un instrumento singular das políticas de innovación financiado polos Fondos Estruturais da Unión Europea e dirixido ás comunidades autónomas españolas do Obxectivo Converxencia da Unión Europea. A través da análise proposta trátase de identificar o impacto deste Programa plurianual –que mobilizou un importante volume de recursos e cuxa execución se estende ata 2015– na evolución do Sistema Galego de Innovación. Con ese fin analízanse os diferentes tipos de medidas e actuacións financiadas e o seu impacto nos principais indicadores de innovación (creación de capacidades, gasto en investigación e desenvolvemento, solicitude de patentes, persoal en investigación e desenvolvemento, infraestruturas, redes de colaboración, etc.), contrastando os obxectivos perseguidos e os resultados observados. Tamén se analizan aspectos institucionais e organizacionais que inciden no deseño, implementación e xestión das medidas e a súa posible incidencia nos seus efectos (fugas de recursos, dificultades de vertebración, concentración das actividades innovadoras nun número limitado de axentes, etc.). As conclusións extraídas permiten formular recomendacións para o deseño e implementación no territorio doutras políticas de investigación, desenvolvemento e innovación. Palabras
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Castro-González, Sandra; Bande, Belén
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
A pesar del progresivo aumento de estudios sobre responsabilidad social corporativa (RSC), el estudio de sus antecedentes y de su influencia sobre las actitudes y comportamientos de la fuerza de ventas es todavía limitado. Este trabajo contribuye a llenar este vacío en la literatura organizativa, de comportamiento sostenible y de ventas mediante el análisis de cómo el ejercicio del liderazgo ético por parte del supervisor puede influir a través de la percepción responsabilidad social corporativa y la satisfacción laboral en el desempeño de los vendedores. Los resultados obtenidos del análisis mediante procesos condicionales de una muestra de 120 díadas de supervisores-vendedores confirman que el liderazgo ético está relacionado positivamente con el desempeño del vendedor, pero a través de un mecanismo mediador en el que intervienen sus percepciones de RSC y su satisfacción laboral. Además, el trabajo también analiza las principales implicaciones para la gestión y propone futuras líneas de estudio.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Massa, Teba Félix
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
O método de valoración continxente (MVC) baséase na construción de mercados hipotéticos a través dunha enquisa, onde normalmente se lles pregunta aos entrevistados pola súa disposición a pagar (DAP) por un determinado ben que carece de mercado e, polo tanto, de prezo. O obxectivo principal deste traballo é identificar as variables explicativas que condicionan a DAP dos visitantes por gozar dun dos principais elementos do patrimonio natural de Galicia: o conxunto formado pola lagoa e o areal de Valdoviño. A información obtida pode ser de grande utilidade na análise custo-beneficio como fundamento das decisións políticas que afectan á xestión deste recurso natural.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Política industrial en América Latina. El caso de los recientes regímenes autopartistas en Argentina
Pérez Artica, Rodrigo
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
El comercio autopartista se ha transformado en una fuente sobresaliente de déficit externo en América Latina, exponiendo a la vez un creciente problema macroeconómico y un gran desafío para la política industrial. En Argentina, varias políticas se diseñaron para frenar o revertir este resultado. En este artículo procuramos evaluar el régimen de política automotriz implementado en ese país entre 2009 y 2014. Una primera etapa exploratoria muestra escasos impactos sobre la elasticidad de las importaciones ante cambios en la producción de vehículos terminados y el tipo de cambio multilateral para diferentes partidas de comercio consideradas. Estos resultados son confirmados por un análisis de descomposición de Oaxaca-Blinder.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Rodríguez-Gulías, María Jesús; Martíns, Julio Paulo; Rodeiro-Pazos, David
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
Os parques científicos e tecnolóxicos son considerados unha ferramenta esencial do Sistema Rexional de Innovación. Por iso, neste traballo realízase unha análise das características empresariais, financeiras e de innovación das empresas situadas en parques científicos e tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. As empresas de parques galegos son máis antigas e grandes en canto a vendas e en canto a emprego, mentres que a proporción de empresas que prestan servizos intensivos en coñecemento de alta tecnoloxía e son exportadoras é superior nas empresas de Portugal. En ambos os dous casos o nivel de patentes é baixo.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
López-Iglesias, Edelmiro
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
Nos últimos 30 anos o sector agrario e o complexo agroalimentario galego tiveron que afrontar profundas mudanzas no seu marco de funcionamento como consecuencia dos cambios nos mercados, nas políticas e nas demandas da sociedade. Nese contexto o sector deu mostras nalgúns aspectos dun notable dinamismo e capacidade de resposta. Como exemplos cabe mencionar a expansión da produción láctea, que permitiu que Galicia se consolidara entre as dez primeiras rexións leiteiras da UE, ou o desenvolvemento de producións diferenciadas e de calidade principalmente no vacún de carne e no viño. No referido á tecnoloxía produtiva, o sector agrario mantivo un elevado esforzo investidor que, unido ao acelerado axuste da man de obra, posibilitou que o enorme atraso do que partía na dotación de capital por traballador fora superado. Tal esforzo investidor permitiu tamén a consolidación dun segmento de explotacións profesionais medianas, aínda minoritario, pero que constitúe xa o núcleo produtivo do sector. Porén, a pesar dos avances, o complexo agroalimentario segue presentando aquí fortes deficiencias, especialmente en dous aspectos: os déficits estruturais na base territorial das explotacións e nos usos da terra, e a debilidade da agroindustria. Estas deficiencias provocaron que nas tres últimas décadas se ampliara o saldo negativo da balanza agroalimentaria.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Arriaga Costa, Carlos; Petiz Pereira, Orlando
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
A confianza é un valor importante para a comprensión e o fortalecemento das relacións humanas. Tradúcese na expectativa da persistencia e no cumprimento da orde natural e moral, e sustenta unha existencia verdadeiramente significativa. Fomenta as interaccións, a cooperación, a empatía e o benestar entre as persoas. Axúdalles a responder con eficiencia aos desafíos cotiáns e a construír unha sociedade máis digna, fraterna e menos conflitiva. Esta investigación busca comprender o nivel de confianza dos estudantes universitarios en varios aspectos das súas vidas académicas, particularmente nas súas relacións con colegas, mestres, familias e institucións académicas e comunitarias, entre outras. Aínda que os estudantes indican que teñen moita confianza nas súas familias, amigos e colegas próximos, a súa confianza nas institucións académicas e na comunidade en xeral é moi fráxil. A maioría dos estudantes involucrados nesta investigación realizan moi pouco traballo voluntario ou filantrópico, pero son conscientes de que tales actividades teñen un impacto positivo na súa conversión en bos cidadáns. Afirman que o liderado é un valor ao que aspiran, e expresan unha forte motivación para converterse en empresarios en diversas áreas de negocios. Ao comparar as diferentes opcións educativas realizadas polos estudantes, parece que os que asisten a cursos de ciencias sociais están máis motivados para traballar na comunidade ca os estudantes involucrados noutras áreas de estudo que tenden a favorecer os seus intereses individuais.
|
Año:
2019
ISSN:
2255-5951, 1132-2799
Cutrim Carvalho, André; Ferreira Carvalho, David
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Resumen
En Brasil, como na maioría dos países, as estratexias gobernamentais buscaron fomentar o crecemento económico para reducir o desemprego e manter a estabilidade de prezos como un elemento de control do conflito distributivo e a inflación, un problema historicamente difícil de resolver nese país. Neste contexto, o obxectivo fundamental deste artigo é debater sobre as magnitudes macroeconómicas da economía brasileira durante o período entre a ditadura militar e a nova república, especialmente en relación coa inflación, co crecemento económico e co desemprego. A principal conclusión é que Brasil necesita urxentemente mellorar o seu rendemento económico actual. Polo tanto, o Goberno federal debe fomentar o investimento público e privado para que todos os sectores da economía rompan coa recesión actual. Tamén debe reforzar os mecanismos para controlar a inflación e reducir o factor de risco e a incerteza para os investimentos e así incentivar a contratación de man de obra. Isto reducirá o desemprego e mellorará os sistemas de protección social para familias de baixos ingresos. Así, xeraranse oportunidades para a mellora e especialización de certas actividades produtivas de xeito que o país poida crear man de obra cualificada, aumentando así os ingresos e estimulando o consumo entre estes futuros traballadores.
|